Pages

Saturday, October 19, 2024

IX Xornada de Onomástica Galega: os outros nomes | Sesión de mañá


O ceo, os animais ou a intelixencia artificial son algúns dos eidos nos que se centrará a IX Xornada de Onomástica. Os outros nomes. O encontro organizado polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega desenvolverase o sábado 19 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. MAÑÁ 10:00 h Inauguración 10:30 h Xurxo Mariño: 'Os nomes do asombro. Da víbora de Seoane á estrela Rosalía' 11:00 h Elisa Fernández Rei, Adina Iona Vladu e Carmen Magariños Iglesias: 'Nomeando a IA: voces artificiais' 11:30 h Anxos García Fonte: 'Amigos entrañables. Unha aproximación aos usos contemporáneos nos nomes de animais desde a escola' 12:00 h Debate 13:00 h Noemi Basanta Llanes: 'Viva o noso bandiño! Achega ás denominacións dos grupos de pandeireteiras en Galicia' 13:30 Ramón Mariño Fernández: A onomástica das marxes. U percorrido sobre as diferentes combinacións ortográficas e as novas denominacións dentro dos fanzines galegos desde 1990 até a actualidade' TARDE 16.30 h Martin Pawley: 'Os nomes do Ceo' 17:00 h Debate 17:30 h Celso Fernández Sanmartín: 'Dicir o nome e esperar o eco' 18:30 h Clausura As Xornadas de Onomástica Galega son unha iniciativa da RAG desenvolvida coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.

No comments:

Post a Comment