O ceo, os animais ou a intelixencia artificial son algúns dos eidos abordados na 'IX Xornada de Onomástica. Os outros nomes'. O encontro organizado polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega desenvolverase o sábado 19 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
MAÑÁ
10:00 h Inauguración
10:30 h Xurxo Mariño: 'Os nomes do asombro. Da víbora de Seoane á estrela Rosalía'
11:00 h Elisa Fernández Rei, Adina Iona Vladu e Carmen Magariños Iglesias: 'Nomeando a IA: voces artificiais'
11:30 h Anxos García Fonte: 'Amigos entrañables. Unha aproximación aos usos contemporáneos nos nomes de animais desde a escola'
12:00 h Debate
13:00 h Noemi Basanta Llanes: 'Viva o noso bandiño! Achega ás denominacións dos grupos de pandeireteiras en Galicia'
13:30 Ramón Mariño Fernández: A onomástica das marxes. U percorrido sobre as diferentes combinacións ortográficas e as novas denominacións dentro dos fanzines galegos desde 1990 até a actualidade'
TARDE
16.30 h Martin Pawley: 'Os nomes do Ceo'
17:00 h Debate
17:30 h Celso Fernández Sanmartín: 'Dicir o nome e esperar o eco'
18:30 h Clausura
As Xornadas de Onomástica Galega son unha iniciativa da RAG desenvolvida coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.
No comments:
Post a Comment