Showing posts with label A Coruña. Show all posts
Showing posts with label A Coruña. Show all posts

Tuesday, February 8, 2022

Os nomes da nosa terra - 2 - A Coruña


Microdocumental da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que persegue difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia. Para realizalo, contouse coa colaboración dos veciños de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan, de expertos en lingua, en pedagoxía e no audiovisual. Cada un dos capítulos está centrado nun dos seguintes lugares: Barcia de Mera, A Coruña, Oleiros, Arteixo, Marzoa, o monte Pindo. Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Saturday, December 30, 2017

A Coruña, Palas de Rei e O Grove acollen hoxe e mañá as charlas de ‘Toponimízate’

Xunta de Galicia

O novo programa da Rede de Dinamización Lingüística, que chega aos concellos da man de persoal técnico especialista para poñer en valor a microtoponimia, enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad


O novo programa ‘Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’ chega hoxe á Coruña e mañá, xoves 28, a Palas de Rei e mais ao Grove. A derradeira charla desta quenda de encontros, en Viveiro, completará nos vindeiros días o paso previsto por 15 concellos co obxectivo de poñer en valor a microtoponimia e de concienciar sobre a importancia e necesidade da xeorreferenciación e xeolocalización deste patrimonio inmaterial, da man de persoal técnico especializado.
A acción de promoción do uso da lingua galega desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e Geoarpad -coordinados ambos os dous desde a Consellería de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza- coa colaboración da Amtega e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e toma como base a toponimia de Galicia, disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar e que constitúe un aspecto fundamental patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso.
Desde o pasado 30 de novembro chegou a Ourense, Lousame, Arteixo, Boqueixón, O Carballiño, Melide, Cangas, Sober, Vedra, Outes e Silleda por medio de conferencias do filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, centradas na toponimia galega (motivos da abundancia de nomes de lugar no país, toponimia galega como patrimonio inmaterial etc.) e tamén da propia de cada concello (significado dos nomes das parroquias e das aldeas, como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos, utilidades desta ferramenta etc.).
Nelas presentouse ademais, no caso daqueles concellos que teñen aínda sen recoller a súa microtoponimia (nomes de leiras, camiños, fontes, penedos etc.) a nova aplicación tecnolóxica que lle permitirá á veciñanza colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas asociadas a eles, de xeito que tamén poida colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial que é o orgullo de todos os galegos e galegas.
A información e o calendario de sesións están accesibles desde o Portal da Lingua Galega e a Axenda de Cultura de Galicia.