- blog on e-Onomastics - digital onomastics - e-Science about proper names - blogue sur e-Onomastique - onomastique numérique - e-Science sur les noms propres - Blog über e-Onomastik - digitale Onomastik - e-Wissenschaft über die Namenkunde - блог по oномастике
Showing posts with label onomastica galega. Show all posts
Showing posts with label onomastica galega. Show all posts
Sunday, March 28, 2021
Saturday, March 27, 2021
Sunday, March 4, 2018
Toponimia de Agolada (Luz Méndez)
to read in pdf‘Toponimia de Agolada’ é o título co que a Real Academia Galega (RAG) e a Asociación Galega de Onomástica (AGON) inician, co apoio da Deputación de Pontevedra, a colección Terra Nomeada. A autora do volume, Luz Méndez, presentouno na Casa Museo dos Pendellos de Agolada o 10 de marzo de 2017 acompañada por Xesús Ferro, en representación da RAG; Gonzalo Navaza, en nome da AGON, o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, e o alcalde de Agolada, Ramiro Varela.
- Tapa blanda: 112 páginas
- Editor: Real Academia Galega; Edición: 1 (31 de diciembre de 2016)
- Colección: TERRA NOMEADA
- Idioma: Gallego
- ISBN-10: 8494600540
- ISBN-13: 978-8494600548
Monday, September 25, 2017
II Xornada de Onomástica Galega
AGOn
O vindeiro sábado, 30 de setembro, a Real Academia Galega organiza en Pontevedra a II Xornada de Onomástica Galega, nesa ocasión centrada no tema Os nomes e os apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos. A entrada é libre ata completar aforo.
Academia.gal
O vindeiro sábado, 30 de setembro, a Real Academia Galega organiza en Pontevedra a II Xornada de Onomástica Galega, nesa ocasión centrada no tema Os nomes e os apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos. A entrada é libre ata completar aforo.Academia.gal
A II Xornada de onomástica galega abordará os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e dos apelidos
A onomástica persoal centrará o vindeiro 30 de setembro en Pontevedra a II Xornada de onomástica galega, baixo o título Os nomes e apelidos: aspectos legais sociais e lingüísticos. A Real Academia Galega organiza o programa, coordinado polas académicas correspondentes Ana Boullón e Luz Méndez, coa colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, que acollerá as sesións no Edificio Sexto. A entrada é libre ata completar aforo.
Os procedementos para restituír os nomes e apelidos deturpados, a continuidade e variación na transmisión dalgúns apelidos galegos, os criterios para a restitución das formas normalizadas ou a normalización da antroponimia desde os centros educativos son algunhas das cuestións que abordarán as persoas convidadas das tres primeiras sesións, procedentes do mundo xudicial, a filoloxía, a normalización lingüística e o ensino.
O programa arrincará ás 10 da mañá coa sesión titulada "Aspectos legais: a onomástica persoal no Rexistro Civil e os procedementos para restituír a forma estandarizada. Datos, problemas e solucións", a cargo da avogada do Estado Consuelo Castro Rei e da maxistrada do xulgado nº1 de Caldas Encarna Dasi Dorelle.
Os aspectos lingüísticos serán abordados a partir das 12 horas por Ana Boullón e Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo e académico correspondente. A coordinadora da xornada falará do proxecto do Dicionario dos apelidos galegos e a restitución das formas galegas, con propostas para o seu tratamento, e Gonzalo Navaza, da continuidade e da variación na transmisión dalgúns apelidos.
O programa retomarase pola tarde coas achegas de Anxos Sobriño, presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), e Valentina Formoso, profesora do IES Félix Muriel de Rianxo, que se centrarán en estratexias para a difusión social das formas estandarizadas. Anxos Sobriño presentará unha proposta de campaña desde a Administración de xustiza para recuperarmos a nosa onomástica e Valentina Formoso dedicará a súa intervención ao traballo de normalización da antroponimia desde os centros educativos.
A xornada concluirá cunha mesa redonda sobre os nomes propios na ficción literaria e audiovisual, moderada pola xornalista Marga Pazos, que contará co novelista e académico correspondente Xosé María Lema e os guionistas Xosé Castro Pato e Araceli Gonda.
Wednesday, September 14, 2016
Xornada de Onomástica galega en Pontevedra
http://ilg.usc.es/agon/
Read here
A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra organizan este sábado 17 de setembro unha Xornada de Onomástica galega no Museo Provincial de Pontevedra. O tema central deste encontro é a microtoponimia e a urxencia da súa recollida e preservación. Nesta ligazón pódese consultar toda a información sobre o acto.
Read here
Unha xornada para promover o rescate urxente dos microtopónimos
Galicia ten a cuarta parte dos nomes de lugar de toda España e catro mil máis ca todo Portugal, pero a preservación do importante herdo que é a nosa toponimia require intensificar a recollida dos nomes das veigas, vales, regueiros, montes, penedos, camiños ou fontes, antes de que morran os informantes que aínda os gardan na memoria. Co propósito de promover a indispensable colaboración cidadá interxeracional para salvar este patrimonio inmaterial, a Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra celebrarán o vindeiro sábado 17 de setembro a Xornada de Onomástica Galega, na que se exporán experiencias de recollida desenvolvidas desde distintos ámbitos, desde o educativo ata as comunidades de montes. O encontro, de entrada libre ata completar aforo, desenvolverase no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra.
O público poderá ademais coñecer como funcionará a nova aplicación colaborativa, que se prepara desde a Xunta de Galicia, que permitirá que calquera persoa, a través de teléfonos con GPS, recolla e rexistre de maneira xeorreferenciada microtopónimos. "O que esta xornada busca é formar formadores que organicen grupos de xente que poñan no mapa todo o que saben, porque só a colaboración cidadá masiva, dos avós e dos netos, pode salvar este patrimonio", expresa o académico Xesús Ferro.
Ferro Ruibal salienta a singularidade da riqueza toponímica galega e explica o porqué: "O Nomenclátor de Galicia, que recolle os lugares habitados, consta de 37.308 rexistros, unha cuarta parte dos de toda España e uns 4.000 máis que os que suma Portugal. No caso dos microtopónimos, estimamos que os 500.000 que temos recollidos ata o momento son só un terzo dos existentes. Esta superabundancia de microtoponimia explícase porque Galicia foi historicamente un territorio moi vivido, aínda que agora se produza unha concentración da poboación nas cidades e estea a desaparecer o agro, o que significa unha importante ameaza para este patrimonio inmaterial".
Da talasonimia ás experiencias co alumnado
O programa da Xornada de Onomástica Galega arrincará ás 10 horas cun primeiro bloque de intervencións sobre catro exemplos de recollida de microtoponimia. Xosé Lois Vilar exporá o seu traballo de recuperación de talasonimia, a toponimia do mar, na costa de Baiona; Anxo Rodríguez achegará o exemplo da colaboración con comunidades de montes; Iván Sestay, o labor desenvolvido na zona urbana de Vigo e María Abelleira profundará no caso do concello de Pontevedra.
Ás 12:30 horas empezará unha segunda parte centrada en experiencias didácticas. Xulia Marqués explicará o proxecto Vedra medr@, unha aposta pola toponimia como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego; Valentina Formoso dará a coñecer o Proxecto Toponimia do IES Félix Muriel de Rianxo e Xoán Carlos García Porral, a recollida selectiva levada a cabo con alumnado de Silleda.
Xa pola tarde, Vicente Feijoo presentará os pormenores da nova aplicación informática creada pola AMTEGA, seguindo as indicacións do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, e que será a infraestrutura que artelle e visibilice toda a participación do voluntariado cultural. Pola súa banda, Gonzalo Navaza e Luz Méndez ofrecerán unha conferencia sobre como detectar a través de Internet os topónimos galegos en fontes documentais; Xermán García Cancela repasará a historia do Nomenclátor de Galicia e do inicio do Proxecto Toponimia Galega e o académico Antón Santamarina analizará o proceso e os criterios da actual revisión do Nomenclátor.
O encontro complétase cunha exposición, organizada por Ana Isabel Boullón, na que se amosarán materiais toponímicos, bibliográficos e audiovisuais. Os asistentes están convidados a achegar tamén os seus.
Pode descargar o programa da Xornada de Onomástica Galega nesta ligazón.
Subscribe to:
Posts (Atom)


