Friday, July 15, 2022

VII Xornada de Onomástica Galega

 link


A onomástica literaria

A onomástica literaria, que estuda a función e a significación dos nomes propios na literatura, é un campo pouco explorado no ámbito galego, pese ó grande rendemento que moitos dos nosos escritores lle teñen tirado. A VII Xornada de Onomástica Galega, organizada pola Real Academia Galega co apoio da Deputación de Pontevedra, centrarase nesta cuestión para examinar o seu uso en determinados autores e para explorar novos camiños de pescuda.

Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico antes do 12 de outubro a publicacions@academia.gal.

Programa da VII Xornada de Onomástica Galega. A onomástica literaria

No comments:

Post a Comment