Thursday, October 25, 2018

Xornada de Onomástica Galega sobre os alcumes

source

Destacados especialistas participaron no Museo de Pontevedra na terceira Xornada de Onomástica Galega, organizada pola RAG e dedicada aos alcumes. Nos sucesivos relatorios os expertos abordaron a presenza dos sobrenomes nos apelidos e as súas raíces na antropoloxía. A profesora Anxos Rial, unha das relatoras, falou por exemplo dos alcumes no barrio pontevedrés da Moureira.

source 2


«Nome que se lle dá coloquialmente a unha persoa en lugar do seu propio, tomado dos seus defectos físicos, morais ou doutras circunstancias». Así define o Dicionario da Real Academia Galega o alcume, alcuño ou adeallo, tamén designado na nosa lingua como nomeada. 

En moitos pobos e cidades, os alcumes chegaban a substituír ao nome orixinal das persoas, e familias enteiras eran máis coñecidas polo sobrenome que por la identidade real. Pontevedra no podía ser menos, aínda que O Morrazo e localidades como Marín lévanse a palma. En calquera caso, os alcuños forman parte da cultura popular. 

A RAG celebra este sábado no Museo de Pontevedra a terceira Xornada de Onomástica Galega, dedicada este ano aos alcumes. O programa abordará en sete relatorios a súa presenza nos apelidos e as súas raíces na antropoloxía. Haberá tamén achegas que irán desde os alcumes na Galicia medieval ata os nomes de usuarios e usuarias das persoas editoras da Wikipedia. A xornada, aberta a todo o público, rematará cunha mesa redonda que amosará como os topónimos poden verter luz en disciplinas tan variadas como a botánica, a literatura ou a historia. 

Ana Boullón, académica correspondente e membro do Seminario de Onomástica da RAG, coordinará este encontro que, como os dous anteriores, conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do propio Museo. 

As sesións se desenvolverán en horario de mañá e tarde e serán inauguradas polo profesor Xoán Carlos Porral, que abordará a antropoloxía do alcume deténdose na casuística nunha comunidade rural. Tras el, a profesora e membro da Asociación Galega de Onomástica, Rosario Soto Arias falará dos alcumes e sobrenomes na Galicia medieval e a tamén integrante da AGOn Lidia Gómez Martínez ofrecerá unha aproximación á clasificación lingüística dos alcumes en Galicia.

O programa continuará cunha sesión na que a profesora Anxos Rial falará dos alcumes da Moureira, mentres que a académica correspondente Luz Méndez e asesora lingüística da CRTVG, profundará nos alcumes nos apelidos. 

Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, David Rodríguez, técnico de normalización lingüística do Concello de Cedeira, ofrecerá un relatorio sobre alcumes colectivos no portal de ditados tópicos galegos, e Adrián Estévez Iglesias, da Fundación Otero Pedrayo, outro dedicado aos nomes de usuario das persoas que editan a Wikipedia e as motivacións destas escollas.


Unha mesa redonda sobre perspectivas multidisciplinares no estudo da onomástica poralle o ramo á xornada a partir das 18 horas. Nesta última sesión amosaranse as posibilidades que os topónimos ofrecen para verter luz sobre campos de estudos tan diversos como a literatura ou a botánica. O catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña Manuel Ferreiro achegarase á toponimia pondaliana; Jaime Fagúndez, investigador da mesma universidade, abordará o valor dos fitotopónimos para os estudos botánicos; e José Carlos Sánchez Pardo e Marcos Fernández Ferreiro, da Universidade de Santiago de Compostela, falarán sobre a importancia da identificación e xeorreferenciación dos topónimos altomedievais.


source 3


El profesor lalinense Xoán Carlos García Porral abrió ayer el turno de conferencias de la III Xornada Onomástica Galega, que tuvo lugar en Pontevedra de la mano de la Real Academia Galega. El docente presentó un trabajo de campo realizado en dos aldeas del rural lalinense, en el que se identifican y analizan parte de los nombres con los que son denominadas 55 casas, así como los apodos que definen a algunos de sus moradores o a la familia en general. García Porral apuntó que los apodos o los nombres de las casas en las sociedades tradicionales y campesinas son mejores definidores que los nombres o los apellidos.

No comments:

Post a Comment