Saturday, October 23, 2021

A toponimia no Códice Calixtino (VI Xornada de Onomástica Galega)


José María Anguita Jaén, profesor da área de Filoloxía Latina da Universidade de Santiago de Compostela, ofrece un achegamento á toponimia do 'Códice Calixtino' a través das páxinas do 'Liber sancti Iacobi' (s. XII) e as súas longas listaxes de topónimos. A Real Academia Galega organiza as Xornadas de Onomástica Galega dende o ano 2016 en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra. A VI Xornada de Onomástica Galega, dedicada á relación entre a onomástica e o Camiño de Santiago, recuperou a presencialidade e celebrouse o 16 de outubro de 2021 no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

No comments:

Post a Comment