Wednesday, October 8, 2014

Parabéns aos veciños do Sisto!

Ata hai pouco tempo, este era o cartel que indicaba a aldea do Sisto, na parroquia de Ribasar, concello de Rois:


A orixe do topónimo debe estar relacionada co nome persoal Sistus, que se rexistra en Galicia desde o século XII, á súa vez derivado do numeral latino sextus. A forma tradicional do topónimo é O Sisto e así se recolle noNomenclátor de Galicia, que determina os nomes oficiais das entidades de poboación galegas. Contra esta rotulación incorrecta do nome da aldea, os veciños presentaron unha queixa ante o concello e o cartel vén de ser trocado por estoutro:

Parabéns aos veciños do Sisto por poñeren en valor os nomes de noso!

No comments:

Post a Comment