Tuesday, December 14, 2021

Recepción de Ana Boullón como académica de número da Real Academia Galega


A Real Academia Galega celebrou o sábado 11 de decembro de 2021 a sesión extraordinaria pública de ingreso de Ana Boullón Agrelo como membro de número da institución. O acto tivo lugar no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, a localidade natañ da académica. Ana Boullón leu o discurso titulado 'Todos os nomes: identidade, pobo, país', ao que lle deu resposta o académico Ramón Lorenzo Vázquez. A profesora da Universidade de Santiago de Compostela, investigadora de referencia no eido da onomástica, profundou na vertente lingüística e mais na dimensión social de nomes, apelidos e topónimos.

No comments:

Post a Comment