Saturday, September 16, 2023

VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos

 link


O vindeiro 21 de setembro celebrarase na Cidade da Cultura de Galicia a VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, co título Os nomes xeográficos e o mundo dixital.

Os nomes xeográficos son o reflexo do proceso de humanización e caracterización do territorio, así como da evolución da paisaxe ao longo da historia. Os topónimos son o sangue vital da cartografía, pois describen unhas categorías físicas e culturais a múltiples escalas. Como parte fundamental que son do noso patrimonio cultural inmaterial, é necesario conservalos, normalizalos e difundilos usando as novas tecnoloxías co obxectivo de proxectalos cara ao futuro. A creación de recursos dixitais adaptados aos novos retos da sociedade actual permitiranos fomentar o uso da toponimia normalizada e aproveitala para a investigación en diversas disciplinas ou para a xestión do territorio. Este é o camiño que están a seguir, a distintos ritmos, as comunidades autónomas para a creación dos seus respectivos nomenclátores xeográficos, respectando os estándares establecidos polas autoridades competentes, tanto no ámbito lingüístico coma no xeográfico, e cumprindo co modelo de datos interoperables que esixe a directiva INSPIRE da Comunidade Europea.

A Xornada está organizada pola Comisión Especializada de Nombres Xeográficos e o  Instituto Xeográfico Nacional en colaboración coa Xunta de Galicia e a Real Academia Galega (RAG).


Programa

Xornada de mañá

9:00 Recepción de asistentes

9:30 Presentación da Xornada. Autoridades

10:00 “El nuevo visor del Nomenclátor Geográfico Nacional”, por Angélica Castaño Suárez. Instituto Geográfico Nacional.

10:30 “Galicia Nomeada: toponimia colaborativa”, por Vicente Feijoo Ares. Real Academia Galega – Xunta de Galicia

11:00 "Conexión entre Nomenclátor y cartografía oficial. Retos en el tránsito de nombre a rótulo", por Oihana Mitxelena. Diputación Foral de Guipuzkoa.

PAUSA CAFÉ

12:00 “Elaboración de la segunda edición de las Directrices toponímicas de uso internacional para editores de mapas, cartas náuticas y otras publicaciones”, por Maite Mollà Villaplana. Acadèmia Valenciana de la Llengua.

12:30 "Innovaciones en el Nomenclátor del INE", por Mª Natalia Fojo Diaz. Instituto Nacional de Estadística.

13:00 “La toponimia en mapas antiguos como herramienta para trazar su linaje: A transmisión del topónimo Elcano en la cartografía de los siglos XVI-XVII”, por Marcos F. Pavo López. Instituto Geográfico Nacional.

Xornada de tarde

16:00 “Proceso de normalización de la toponimia geográfica en el Principado de Asturias”, por Juncal Mónica García Velasco. Principado de Asturias.

16:30 “Últimos avances en el Nomenclátor Xeográfico de Andalucía”, por Mª Teresa Garrido Borrego. Instituto de Estadística y Cartografía de Andalucía.

17:00 “El nomenclátor xeográfico de las Illes Balears y el visor de gestión, actualización y consulta”, por Eulàlia Fons Carbonell. Institut Cartogràfic i Geogràfic de les Illes Balears.

17:30 Clausura

Inscrición

Esta Xornada está dirixida ao público en xeral co interese no tratamento dos nomes xeográficos. A asistencia é gratuíta previa inscrición, ata completar a capacidade da sala. O prazo para anotarse remata o 11 de setembro de 2023.

Formulario de inscrición

Retransmisión enstreaming

As persoas que desexen seguir a xornada a distancia poderán conectarse para a emisión en streaming na seguinte ligazón:  https://youtube.com/live/gGKUHBIZRRY?feature=share

Sede

Cidade da Cultura

Monte Gaiás s/n

15707 Santiago de Compostela, A Coruña

Transporte público

Contacto

toponimia@academia.gal

No comments:

Post a Comment