Saturday, September 14, 2019

I Xornadas de toponimia no ensino

link

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan as I Xornadas de toponimia no ensino, dirixidas ao profesorado dos centros de ensino de Ames. O obxectivo é que os docentes poidan empregar o patrimonio toponímico como ferramenta pedagóxica e como recurso para a normalización lingüística. As sesións desenvolveranse durante os días 18, 19 e 30 de setembro de 2019 no Pazo da Peregrina (Bertamiráns). O prazo de inscrición remata o vindeiro 11 de setembro. Para coñecer o programa completo e o procedemento da inscrición, preme aquí.



No comments:

Post a Comment