Showing posts with label Ana Boullón Agrelo edita un volume sobre toponimia. Show all posts
Showing posts with label Ana Boullón Agrelo edita un volume sobre toponimia. Show all posts

Sunday, October 8, 2017

Estudar toponimia: aproximacións metodolóxicas e interpretativas

Instituto da Lingua Galego

A profesora e investigadora do ILG Ana Isabel Boullón Agrelo(link is external) edita un volume sobre toponimia, titulado Estudar toponimia: aproximacións metodolóxicas e interpretativas.
Este libro reúne sete contribucións presentadas no curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela Toponimia:interpretación e actuación, que tivo lugar en 2013. Nel participaron algúns dos máis sobranceiros investigadores neste ámbito da onomástica, coa intención de configuraren unha visión xeral sobre diversos aspectos do estudo da toponimia: Antón Santamarina ofrece unha panorama da historiografía da toponomástica na Romania, con mención máis demorada dos estudos da toponimia galega, nun traballo que encadra o contido do libro. Seguen unha serie de estudos máis centrados na etimoloxía: Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo, exemplifica a pescuda etimolóxica con Miñor, Nigrán, San Fiz, Gondomar, Baiona, con algunhas novas propostas. Antón Palacio mostra a fonda relación entre os nomes de lugares e os nomes de persoa. Carlos Búa ilustra coa palabra veiga (voz común e despois topónimo e apelido) a problemática do estudo dos substratos prelatinos. Outros aspectos máis xerais son aquí tratados por primeira vez, como a clasificación semántica que Paulo Martínez Lema propón para a toponimia galega, e as orientacións de Gonzalo Hermo para o estudo da toponimia medieval. O último dos traballos vén do ámbito xurídico: Alba Nogueira, quen explica o procedemento legal para a fixación dos nomes de lugar. O libro péchase cunha bibliografía selecta que quere servir de guía breve para asomarse ós principais estudos sobre a toponimia galega.
En definitiva, este volume pretende servir de guía para o estudo da toponimia, que toma como referencia a Galicia, pero que serve polas súas orientacións metodolóxicas para o estudo científico dos nomes de lugar de calquera área xeográfica.
Esta obra foi publicada como anexo especial da revista Verba e editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
ISBN-13 (15)
978-84-16954-35-3
Código electrónico JP (27)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416954353
Propietario (01)
VA/075A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2017