Showing posts with label Os nomes da nosa terra. Show all posts

Wednesday, February 16, 2022

Os nomes da nosa terra - 6

Microdocumental da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que persegue difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia. Para realizalo, contouse coa colaboración dos veciños de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan, de expertos en lingua, en pedagoxía e no audiovisual. Cada un dos capítulos está centrado nun dos seguintes lugares: Barcia de Mera, A Coruña, Oleiros, Arteixo, Marzoa, o monte Pindo. Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Monday, February 14, 2022

Os nomes da nosa terra - 5

Saturday, February 12, 2022

Os nomes da nosa terra - 4

Friday, February 11, 2022

Os nomes da nosa terra - 3

Tuesday, February 8, 2022

Os nomes da nosa terra - 2 - A Coruña

Saturday, February 5, 2022

Os nomes da nosa terra - 1

A serie de documentais ‘Os nomes da nosa terra’

 Link

A serie de documentais ‘Os nomes da nosa terra’ difunde os feitos e historias que orixinaron algúns dos millóns de topónimos de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no acto de presentación da serie de documentais Os nomes da nosa terra, un proxecto da Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) apoiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo. O obxectivo deste proxecto é transmitir ao espectador o interese pola orixe dalgúns dos máis de dous millóns de topónimos que cobren, coma un manto de historia, a xeografía galega.

“Galicia ten unha riqueza toponímica excepcional que cómpre difundir e coidar”, resaltou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. “Pese a ocupar só un 6% do territorio do Estado, contén sobre un terzo das entidades de poboación de España, e iso só respecto á toponimia maior, pois a cifra crece ata os máis de 2 millóns de topónimos cando incluímos a coñecida como microtoponimia, que pervive fundamentalmente na memoria do pobo”, sinalou.

Para salvagardar este patrimonio cultural, a Xunta e a Real Academia Galega desenvolveron unha importante ferramenta colaborativa, Galicia Nomeada. “Trátase dunha aplicación que articula toda unha plataforma para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral que leva asociada”, explicou o secretario xeral.

Pola súa banda, Vicente Feijóo, asesor na elaboración do proxecto presentado hoxe, engadiu que neste momento Galicia Nomeada é “o proxecto máis ambicioso e importante de salvagarda do noso patrimonio inmaterial, porque non só recollemos os topónimos que humanizan cada recuncho da nosa terra e do noso mar, senón toda a tradición oral asociada a eles”. “Os topónimos, ao igual ca lingua, son unha valiosa herdanza cultural que nos legaron os nosos antepasados e, por tanto, temos a débeda con eles de recollela, valorala e transmitila”, concluíu.

Canda Valentín García e Vicente Feijóo, tamén participou nesta presentación, que tivo lugar Pazo de San Roque, Xosé Antón Moure, director e guionista do proxecto, que asistiu tamén en representación de Patricia Varela, directora da AS-PG.

Máis de 2 millóns de nomes

Os nomes da nosa terra pretende difundir, a través dun coidado formato audiovisual, os feitos e as historias que deron orixe a nomes de aldeas, parroquias, fincas ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos que podemos atopar en Galicia.

Dividido en seis capítulos, cada un deles estará centrado, respectivamente, en Barcia de Mera (parroquia de Covelo, Pontevedra), A Coruña, Arteixo, Oleiros, Marzoa (parroquia de Sigüeiro, A Coruña) e o Monte Pindo. O xornalista e condutor Fran Cañotas será o encargado de guiarnos nesta viaxe polas corredoiras da cultura inmaterial galega da man da xente propia do lugar e tamén de expertos na lingua, antropoloxía e historia.

Os capítulos, duns 10 minutos de duración, estarán dispoñibles no Portal da Lingua galega e na canle de youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística a partir de hoxe e tamén poderán seguirse, semanalmente, nas redes sociais da lingua galega.